Pregón inaugural de la LXIV Festa do Albariño 2016
El pregón inaugural de la LXIV Fiesta del Albariño corrió a cargo de Francisco Fernández Rei, catedrático y numerario de la Real Academia Galega (RAG).
Sra. alcaldesa,
Sras. concelleiras e sres. concelleiros,
veciñas e veciños de Cambados, do Salnés e doutras terras,
familiares meus,
amigas e amigos,
O evanxelista Lucas puxo na boca de Cristo a coñecidísima expresión de que ninguén é profeta na súa terra. No meu caso recoñezo que este dito bíblico non é verdade, porque o goberno municipal do Partido Popular de Cambados me concedeu a Folla de Prata no Eido de Cultura e Artes Plásticas na Gala do Albariño do 2005; os libreiros do concello outorgáronme o VI Premio Ramón Cabanillas no cincuentenario da morte do poeta de Fefiñáns; os mariñeiros e as mariscadoras do Pósito premiáronme no 2010 coa Vieira de Ouro; e este ano o goberno cuatripartito noméame pregoeiro da Festa do Albariño e o vindeiro domingo entrégame unha das distincións albariñenses, a Folla de Ouro…
Pregón Fiesta del Albariño 2016 – Francisco Fernández Rei – 136,23 Kb.